Tux Paint
versión 0.9.26
Documentación de variábeis de contorno

Copyright © 2021-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
http://www.tuxpaint.org/

11 de Maio de 2021


Tux Paint comprende unha serie de variábeis de contorno, ben directamente ou indirectamente polas bibliotecas que emprega.

Variábeis de contorno relacionadas co almacenamento

HOME

Especifica o «directorio persoal» do usuario, que se usa para localizar outros ficheiros ou directorios. Nalgúns casos, úsase como parte dunha situación alternativa, cando non se configuran outras variábeis de contorno (noutros lugares desta documentación). Ás veces, a localización a empregar pode ser anulada polas opcións fornecidas na liña de ordes ou a través do ficheiro de configuración de Tux Paint. Consulte a documentación de «OPCIÓNS» (OPTIONS) para máis detalles.

Algúns exemplos de onde se usa «$HOME» inclúen:

XDG_CONFIG_HOME

En Linux e noutras plataformas onde se usan os estándares X Desktop Group, a localización dos ficheiros de configuración do usuario. Especificamente, onde atopar «user-dirs.dirs», onde se podería definir o «XDG_PICTURES_DIR». Úsase para exportar debuxos e GIF animados. Xeralmente estabelecese en algo así como «$HOME/Pictures/». Se non se especifica, Tux Paint comproba no directorio «$HOME/.config/». Se non se pode atopar a configuración, Tux Paint simplemente exporta debuxos e GIF a «$HOME».

XDG_DATA_HOME

En Linux e noutras plataformas onde se usan os estándares X Desktop Group, a localización dos directorios de datos do usuario. En concreto, onde atopar o directorio «Trash». Úsase cando se eliminan imaxes do diálogo «Abrir» de Tux Paint. Se non se define, úsase a localización «$HOME/.local/share/Trash/», se está dispoñíbel. Se non, as imaxes bórranse simplemente no canto de movelas a calquera outro lugar.

TEMP

Especifica a localización onde se poden crear ficheiros temporais. Só o usa Tux Paint nos sistemas operativos Microsoft Windows. Emprega «userdata» se non se define.

Variábeis de contorno relacionadas co idioma

LANG
LANGUAGE
LC_ALL
LC_MESSAGES

Especifica o idioma que debe empregar Tux Paint na súa interface de usuario. Anulada polas opcións da liña de ordes «--lang» e «--locale» ou as súas equivalentes do ficheiro de configuración. Utilízase a variábel de contorno 'LANGUAGE', se está definida. Se non, «LC_ALL» úsase como alternativa. Após «LC_MESSAGES» e, finalmente, «LANG».

Variábeisbles de contorno relacionadas co que se amosa

A seguir amósanse algunhas das variábeis de contorno compatíbeis con Simple DirectMedia Layer (libSD) — que Tux Paint utiliza para amosar gráficos, reproducir sons e recibir entrada do rato, teclado e joystick — e que poden ser útiles para os usuarios de Tux Paint.

SDL_VIDEO_ALLOW_SCREENSAVER

Especifica se Tux Paint debería permitir a execución dun protector de pantalla. Pode ser definido como «1» (verdadeiro) polo propio Tux Paint emitindo a opción de liña de ordes «--allowscreensaver» ou o seu equivaente no ficheiro de configuración.

SDL_VIDEO_WINDOW_POS

Solicita onde colocar a xanela de Tux Paint. Normalmente estabelécese en «center» polo propio Tux Paint, a menos que a variábel de contorno xa estea estabelecida (por exemplo, en «nopref», que significa «sen preferencia»).